XXIV FESTIVAL INTERNACIONALDE TÍTERES DE REDONDELA

Memorial Juanjo Amoedodo 15 ao 21 de maio do 2023

O XXIV Festival Internacional de Títeres de Redondela Memorial Juanjo Amoedo é moito máis ca un Festival, xa que pretende poñer en valor o Teatro como punto de encontro da cidadanía dunha maneira lúdica e festiva.

Redondela xa está no mapa dos grandes Festivais de Títeres de Europa, converténdose nunha necesidade vital e social, un lecer intelixente e enriquecedor que cre na arte do Teatro como ferramenta de cohesión social, achegando ao cidadán/á ao mundo do Teatro e propoñendo unha experiencia para o espectador/a.

Debemos agradecer ao noso público a súa teima e interese que ano a ano fai do Festival unha festa interxeneracional, e por suposto tamén agradecer a todo o equipo humano de Xente Titiriteira:  colaboradores/as , voluntarios/as  e institucións que levan 24 anos traballando e apostando por un festival que deixe pegada na alma de todo un pobo.

Será unha experiencia para novos espectadores e espectadoras. Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e un feixe de sorpresas.

Serán 27 compañías convidadas, 9 escenarios e máis de 70 representacións ao longo do Festival, que a día de hoxe é un dos máis punteros do país, poñendo a Redondela no mapa dos máis importantes Festivais do seu sector xunto con Segovia, Mallorca ou Lleida.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *