XXII Festival Internacional de Títeres de RedondelaMemorial Juanjo Amoedo 2021, do 1 ao 5 de setembro.
Dende a Asociación Xente Titiriteira queremos compartir e presentar a nova personaxe desta XXII edición que celebraremos do 1 ao 5 de setembro. ¡Temos un novo membro na nosa grande familia, creado por Pablo Pastor! Trala pasada edición, podemos afirmar que será un Festival seguro, cunha variada programación tanto na sala, nas carpas, así como os espectáculos itinerantes. A seguridade e a diversión mestúranse para garantir unha nova edición deste festival que xa pertence á memoria colectiva de todo un pobo. A partir do día 18 de agosto abrirase a billeteira e o posto de camisetas. Ademais nuns días lanzaremos a programación completa… ¡Estade atentos/as! ¡Amigos/as, ide preparando os fíos e as cachiporras… que xa van chegar os títereeees!