Memorial Juanjo Amoedodo 12 ao 17 de maio do 2022
O XXIII Festival Internacional de Títeres de Redondela Memorial Juanjo Amoedo é moito máis ca un Festival, xa que pretende poñer en valor o Teatro como punto de encontro da cidadanía dunha maneira lúdica e festiva.
Será unha experiencia para novos espectadores e espectadoras.
Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e un feixe de sorpresas.
Serán 31 compañías convidadas, 7 escenarios e máis de 80 representacións ao longo do Festival, que a día de hoxe é un dos máis punteros do país, poñendo a Redondela no mapa dos máis importantes Festivais do seu sector xunto con Segovia, Menorca ou Lleida.
A programación mesturará teatro de títeres con concertos musicais e actividades complementarias, para que o espectador conecte co mundo do Títere a través dun crisol de culturas das mais variadas técnicas e propostas.
Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, espectáculos itinerantes, instalacións, animación de rúa e un feixe de sorpresas. QUEDADES CONVIDADOS/AS.