XXVII FESTIVAL INTERNACIONAL
DE TÍTERES DE REDONDELA
Memorial Juanjo Amoedo
do 11 ao 17 de Maio de 2026

O XXVII Festival Internacional de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo, celabrarase do 11 ao17 de maio e está impulsado polo compromiso e o amor polo teatro e, máis concretamente, pola dignificación do oficio de titiriteiro/a e a súa capacidade para integrar e transformar.
Xente Titiriteira cre firmemente no poder transformador do Teatro, tanto do individuo como de toda unha sociedade, fomentando a cohesión e integración social e axudando a conformar a identidade dun pobo, contextualizando o Teatro como punto de encontro da cidadanía dunha maneira lúdica e festiva.
Nesta XXVII edición contaremos con 25 compañías convidadas e 11 escenarios con máis de 60 actuacións, cunha programación honesta, extensa, variada e festiva.
O XXVII Festival Internacional de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo, é un lecer intelixente que fomenta o pensamento crítico e unha actitude proactiva en cada unha das súas propostas. Un Festival de Teatro concibido como un crisol de culturas de todo o mundo demostrando que é posible convivir e desfrutar, crendo firmemente na necesidade, máis que nunca, do Teatro de Monicreques como catalizador, dinamizador e transformador social.

